Preto de 600 voluntarios de Protección Civil, 66 da provincia de Ourense, vixiarán este domingo o cumprimento das medidas de seguridade durante a xornada electoral

O Carballi–o. 10-10-11. Provincia. sede de protecci—n civil no Carballi–o. Foto: xesœs Fari–as

As súas función serán de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública que garantan unha votación segura e sen risco.

Os voluntarios de protección civil encargaránse de colocar as mesas con material hixiénico con acceso fácil e visible para o uso dos votantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Informarán ós votantes da obligatoriedade de acceder ó local con máscara e de manter a distancia de seguridade.

Axudarán os electores cos fluxos de saída e entrada dos locais evitando que se produzan aglomeracións.

Colaborarán para a súa entrada no local de un en un salvo no caso de que a persoa precise de axuda, sempre dando prioridade de acceso as persoas maiores e con mobilidade reducida.

E por último, supervisarán o longo da xornada que o material de protección disposto nos lugares estratéxicos sexa suficiente e reporano cando se acabe.