Tres xóvenes empresarios do Carballiño proven a creación dunha nova asociación que aglutine a todos os sectores da comarca, xa que entenden que existe unha necesidade sen atender de autónomos e empresarios.
O proceso de creación está todavía en fase de estructuración e para establecer as liñas nas que deben guiarse celebrarán unha reunión na xornada de mañá, no Apartahotel Arenteiro. Haberá dúas convocatorias, a primeira delas ás 17:30 horas para o sector hosteleiro e, a segunda, ás 21:30 horas, para os demáis sectores. Están dando os primeiros pasos, e aseguran que non queren rivalidades con outras asociacións deste tipo, todo o contrario, reclaman a unión de todos, dende os máis pequenos ata o polígono industrial.
Unha das súas impulsoras, Sara López, convida a todos os empresarios a acudir a esta reunión e falou tamén dos temas que se tratarán nesta cita.