Falece Camilo Lorenzo Iglesias, obispo emérito de Astorga durante 20 anos e natural de Piñor

Camilo Lorenzo Iglesias, obispo de Astorga.

Camilo Lorenzo Iglesias, nomeado como obispo de Astorga dende 1995 ata 2015, e nacido en Porto do Souto-San Mamed de Canda, en Piñor, faleceu durante a xornada de hoxe, ós 79 anos, tras agravarse unha infección respiratoria ca que levaba loitando nos últimos días.

Segundo informou a Diócese astorgana, a capela ardente instalarase no Seminario de Astorga e estará aberta mañá martes dende as 10:30 horas, cumplindo sempre cas condicións de aforo e cas medidas hixiénico-sanitarias. O seu funeral e posterior enterro, na Capilla de la Majestad de la Catedral, terá lugar o mércores ás 12:00 horas, con acceso libre ata completar o aforo permitido.

AVANTAR ACTIVIDADES

Camilo Lorenzo Iglesias comezou os seus estudos eclesiásticos no Seminario maior de Ourense en 1954, e foi ordeado como sacerdote en decembro de 1966. Ese mesmo ano comezou os seus estudos universitarios en Química na Universidade de Santiago de Compostela. Dende ese ano converteuse en profesor no Seminario Menor de Ourense ata 1995 e vicario parroquial na Nosa Señora de Fátima, ata 1983. En 1995, o papa Juan Pablo II nombrouno como Obispo da Diócese de Astorga, a cal deixou en 2015 por motivos de idade. Tamén pertenceu á Conferencia Episcopal Española.