Sabor “agridoce” para o BNG nestes comicios electorais tras a suba “histórica” e a maioría absoluta do PP

  • A cabeza de lista do BNG por Ourense avalía os resultados electorais da formación nacionalista que tildan de “histórica” prometendo defender os intereses das galegas e os galegos nestes próximo catros anos
  • O BNG prepara a alternativa de esquerdas e nacionalista tras os resultados electorais do 12X exercendo o liderado da alternativa ao Partido Popular

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, avaliou os resultados dos comicios electorais do 12X a partir dos datos aportados pola administración pública. Presas destacou un sabor “agridoce” nestes comicios polo mantemento da maioría absoluta do Partido Popular e a suba “histórica” do BNG nestas eleccións.

Triplicar os resultados electorais non lle serviron ao BNG para liderar o cambio político en Galiza, converténdose nos mellores resultados da historia da formación ao longo dos anos, converténdose en líderes da oposición nun hemiciclo conformado por tres forzas políticas. Por unha banda, o BNG sinalou  o mantemento da maioría absoluta do Partido Popular cos mesmos deputados que hai catro anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa banda, a cabeza de lista do BNG e vindeira deputada no Parlamento de Galiza, Noa Presas, afrontou estes resultados cun sabor “agridoce” xa que o resultados na circunscrición de Ourense foi cualificado como “resultado histórico” máis que “triplicando o resultado electoral” das anteriores eleccións de 2016.

Así mesmo, Presas comprometeuse a levar a defensa dos intereses das galegas e galegos á cámara   galega nestes 4 anos e “non defraudar” ao electorado que confiou na formación nacionalista nestes comicios e comprometeuse a “traballar desde o minuto un para xerar unha alternativa” ao Partido Popular e a ser “unha ferramenta útil á cidadanía galega”.