- O contrato adxudicouse por un importe total de 117.663,43€ e a obra realizarase nun prazo de tres meses, reducindo o consumo de enerxía eléctrica en a lo menos un 30%.
O Concello de Ribadavia ven de adxudicar a obra de eficiencia enerxética no alumeado público das localidades de Francelos e San Cristovo. Esta obra consiste na substitución da totalidade dos puntos de luz existentes nestas localidades, para colocar puntos de luz de tecnoloxía LED, o que suporá un aforro enerxético de como mínimo un 30% sobre o consumo actual.
Esta actuación está cofinanciada polo Concello de Ribadavia e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno de España.
Entre os requisitos básicos para poder optar a estas axudas atópase a obrigatoriedade de estar censado en Ribadavia e que o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade se atopen no termo municipal de Ribadavia.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “con esta actuación cambiaremos 218 luminarias por outras novas de tecnoloxía LED, ademais de cambiar 1440 metros de liña aérea trenzada deteriorada e a substitución de 4 cadros eléctricos,ademais doutras actuacións complementarias en soportes.”
César Fernández sinalou que “esta obra permitiranos cumprir coas esixencias lumínicas do regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior, reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación en a lo menos un 30%, reducir o consumo de enerxía primaria e de emisión de gases de efecto invernadeiro, ademais de regular os niveles de iluminación según diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos cidadáns.”