O Concello de San Amaro comezou coa mellora e reparación de viais na zona de Cristimil e ademáis, aprobaron o proxecto de repación de viais en SAN AMARO E O CRUCEIRO”, que afectará ás estradas que pasan fronte á Farmacia e a Cruz de San Dulces, na parroquia do Cruceiro e nas Neves.
O Concello tamén aprobou a mellora de camiños municipais para os espazos do Ferradal, unido ca Igrexa de Salamonde, o Souto ata Veiga unido ca entrada de Gontán e a estrada que une Gontán a As Quintas. Dentro destas melloras tamén se efectuou una reparación das beirarrúas e a reposición de bancos en mal estado por outros novos.
Por outra banda, o concello está a levar acabo o Plan de despliegue dunha rede de acceso de nova xeración mediante FIBRA ÓPTICA en todo concello, a cal xa foi instalada no nucleo de San Amaro.