Baltar reúnese coa Asociación de nais e pais dos alumnos do Conservatorio de Verín

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) coa AA de Pias de alumnos do conservatorio de Verín. Asisiten Chema Rodríguez, Sonia Sanz, Javier Díaz (Presidente), Sara Dapia, Patricia Rodríguez e Jose Ramón González.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial con representantes da Asociación de nais e pais dos alumnos do Conservatorio de Verín para analizar a situación, o funcionamento e o equipamento desta infraestrutura cultural. Na xuntanza, Baltar confirmou que a Deputación de Ourense colaborará coa asociación para a adquisición de instrumentos musicais “para que o vindeiro curso os alumnos conten con novo equipamento, unha vez avaliadas por parte da Deputación as necesidades, perfectamente documentadas”, salientou o presidente.

Tamén expresou Baltar a disposición da Deputación de Ourense para celebrar no vindeiro mes de setembro unha reunión conxunta entre a institución provincial, a Asociación de nais e pais do conservatorio, o Concello de Verín e a Mancomunidade de concellos de Monterrei, “para falar do futuro do conservatorio e das acción conxuntas a levar a cabo neste sentido, pensando en clave comarcal”, comentou, recoñecendo “o traballo e a vocación da Asociación de nais e pais do Conservatorio, así como o seu interese e sensibilidade pola cultura, un esforzo que, sen dúbida, sempre paga a pena porque incide na formación dos nenos e mozos nunha disciplina, a musical, que tanto achega á educación das persoas”, destacou Manuel Baltar.  

AVANTAR ACTIVIDADES