O punto de atención á infancia de San Cristovo de Cea abre hoxe as inscripcións para o próximo curso

O servizo do Punto de Atención á Infancia de Cez, a gardería, comezará en setembro e rematará no mes de xullo do vindeiro ano. Terá un horario de 8:00 a 16:00 horas de luns a venres.

O prazo para novas matriculacións para o curso 2020/2021 comezou hoxe e rematará o 15 de agosto. E para renovar a praza deberá facerse neste mes de agosto. As solicitudes deberán realizarse do Servizo de Educación Familiar da Casa do Concello. É recomensable solicitar cita previa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademáis da documentación identificativa dos pais e dos nenos, en caso de ter DNI, haberá que presentar tamén tres fotografías tamaño carné, fotocopia da tarxeta da seguridade social, o Libro de Familia, e a acreditación de familia monoparental ou numerosa, de ser o caso.