Acotío, con Luis González Tosar

A Insúa dos Poetas, en Madarnás, acollerá este domingo día 19 de xullo, a celebración da Festa da Palabra, adicada nesta ocasión a recoñecer os 100 anos dende o nacemento da revista Nós.

O acto, que comezará ás 12.00 horas, tamén acollerá a presentación do libro Camiño de Nós, que se distribuirá no transcurso do acto. Ademais da habitual entrega de premios “Insua dos Poetas”, terá lugar a actuación de Son Trío; ás 14.00 horas celebrarase a romaxe literaria, coa actuación de Airiños de Caldelas, e ás 18.00 horas actuará o grupo folk Tor, que presentará o seu novo disco. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe, no noso espazo Acotío, contamaos ca presencia do presidente da Fundación Insúa dos Poetas, Luis Tosar, onde nos falou da revista homenaxeada neste ano, do libro que se vai a presentar e dos detalles máis especiais cos que contará este evento.