Nota de prensa do BNG de Castrelo de Miño

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

O presidente da Deputación minte descaradamente para avalar e xustificar a moción de censura con tránsfugas do PSOE en Castrelo de Miño

Minte nunhas declaracións a Onda Cero Ourense ao afirmar que o PP de Castrelo de Miño se quedou a tres votos da maioría absoluta nas municipais, cando a realidade é que o BNG foi a forza máis votada.

AVANTAR ACTIVIDADES

Fai estas declaración xusto o día despois de que no Congreso dos Deputados se reuniran as forzas políticas para “con carácter de urxencia” convocar a Comisión de Seguimiento del Pacto Antitransfuguismo co fin de abordar a loita contra as prácticas antidemocráticas utilizadas para alterar pola porta de atrás as maiorías expresadas polos cidadáns nas urnas, e coincidiron na necesidade de que os partidos políticos sexan exemplares e contundentes contra aqueles cargos electos que se converten en transfugas.

Convidamos a Jose Manuel Baltar a que fale coa súa secretaria nacional de política local Raquel González, presente nesa reunión, para ver o que opina da moción de censura con tránsfugas que el está implícitamente avalando e apoiando.

Hai que destacar tamén que o candidato que José Manuel Baltar proporía para alcalde polo PP é un funcionario seu da Deputación de Ourense, implicado nos procesos xudiciais por contratación e ascensos irregulares por parte do presidente da Deputación.

Desde o BNG de Castrelo de Miño, tamén voltamos a esixirlle por enésima vez ao PSOE que se posicione xa, e tome medidas contundentes contra os transfugas do seu partido, Jaime Fontanes e Francisco Pérez, xa que a día de hoxe, lembrámoslle que seguen sendo membro do Grupo Socialista Municipal. Se non o fan xa, significará que o propio PSOE apoia esta moción e este pacto con Baltar e o PP.

Nunca en menos tempo se poido mentir tanto. En apenas un minuto escaso o presidente da Deputación verteu as seguintes mentiras en declaracións a Onda Cero Ourense :

1. Para xustificar a moción de censura, en declaracións a Onda Cero Ourense este xoves 16 de xullo, afirma que o PP de Castrelo de Miño se quedou a tres votos da maioría absoluta nas municipais, cando a realidade é que o BNG foi a forza máis votada, e por iso precisamente goberna o alcalde nacionalista Esteban Suárez Méndez.

2. Sen embargo, na mesma declaración xustifica unha cousa e á contraria, xa que avala tamén unha moción de censura en Laza para que goberne a forza máis votada alí, que foi o PP. Por que non aplica o mesmo criterio en Castrelo de Miño?. A forza máis votada é o BNG.

3. Indica que os dous concelleiros transfugas do PSOE abandonaron o seu partido por discrepacións con Villarino pola axudas da deputación aos autónomos. Nada máis lonxe da realidade xa que as negociacións do PSOE co PP para presentar a moción de censura xa comezaron antes da crise do coronavirus, como é coñecido por todos en Castrelo de Miño. Sen aínda asinar a moción de censura, Jose Manuel Baltar xa se está aproveitando dos transfugas para xustificar unha estratexia política provincial que nada ten que ver con Castrelo de Miño, nin cos seus veciños.

4. Ademais mestura os resultados das municipais cos das autonómicas, cando nunhas se vota ao presidente da Xunta e noutras ao alcalde. E os veciños de Castrelo de Miño xa deixaron maioritariamente ben claro co seu voto, que o alcalde que queren é Esteban Suárez Mendez.

5. Se José Manuel Baltar quere xogar cos resultados das autonómicas lembrámoslle que coa ameaza da moción de censura os votantes de Castrelo de Miño mobilizáronse precisamente para o contrario. A participación subiu casi cinco puntos, o PP perdeu votos e o BNG subiu un 10,91% acadando un dos mellores resultados da sua historia nunhas eleccións autonómicas en Castrelo de Miño. Desde o BNG de Castrelo de Miño, tamén voltamos a esixirlle por enésima vez ao PSOE que se posicione xa, e tome medidas contundentes contra os transfugas do seu partido, Jaime Fontanes e Francisco Pérez, xa que a día de hoxe, lembrámoslle que seguen sendo membro do Grupo Socialista Municipal. Se non o fan xa, significará que o propio PSOE apoia esta moción e este pacto con Baltar e o PP.

REUNIÓN DO PACTO ANTITRANSFUGUISMO NO CONGRESO DOS DEPUTADOS:

Nun comunicado difundido ao final da reunión, as formacións políticas abordaron “a loita contra as prácticas antidemocráticas usadas para alterar pola porta de atrás as maiorías expresadas polos cidadáns nas urnas”. Na reunión as formacións coincidiron na necesidade de que os partidos políticos sexan exemplares e contundentes fronte ao que consideran unha lacra para as institucións e para a democracia, cuxas vítimas máximas acaban sendo os cidadáns, que ven quebrada a vontade popular nun mercadeo inaceptable “.

Na reunión asistiron entre outros por parte do PSOE, Alfonso Rodríguez Gómez de Celis, vicepresidente primeiro do Congreso, e Susana Sumelzo, deputada de Zaragoza e responsable de Política Municipal, e por parte do PP Raquel González, secretaria nacional de Política Local. Convidamos a Jose Manuel Baltar a que fale coa sua secretaria nacional de política local, para ver o que opina da moción de censura con transfugas que el está implicitamente avalando e apoiando, tendo en conta ademais que o candidato proposto para alcalde polo PP é un funcionario da Deputación de Ourense, implicado en cuestións xudiciais por contratación e ascensos irregulares por parte do presidente da Deputación. Suliñaron que o transfuguismo “é unha práctica desprezable, unha forma de corrupción que nos últimos días volveu verterse como unha lacra a municipios do noso país, erosionando a estabilidade dos gobernos nun momento delicado como o actual”.

Ademais, cren que é hora de “promover reformas lexislativas para garantir algo esencial: que os transfugas non poidan ser recompensados por estar dispostos a alterar a maioría e que os partidos non poidan aproveitar esta situación mercando vontades porque os votos dos cidadáns nas urnas non se poden mercar nas oficinas ”