O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións participou na inauguración da programación que inclúe 24 representacións e actividades do 17 ao 27 de xullo
A Xunta de Galicia, cunha achega de 60.000 euros, é unha das principais entidades colaboradoras deste evento que celebra por trixésimo sexta vez
As compañías galegas ocupan un 70% da carteleira, na que tamén destaca a presenza da danza e os espectáculos de Antón Reixa, Teatro en Vilo e Agnés Mateus con Quim Tarrida
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, acompañados polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participaron hoxe na inauguración da 36ª edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia que se celebra desde hoxe e ata ao 27 de xullo co apoio da Xunta de Galicia.
Durante a
apertura da programación, o titular de Cultura e Turismo en funcións agradeceu
o esforzo da organización por manter a edición deste ano. “Seguramente houbera
sido máis doado suspender os actos previstos para 2020, pero en situacións de
incerteza como as que estamos a vivir é cando os proxectos culturais deben
mostrar a súa fortaleza para adaptarse e seguir avanzando poñendo en valor o
noso legado”, declarou.
Nesta mesma
liña, Román Rodríguez fixo fincapé no compromiso desta cita cos profesionais do
teatro galego, xa que, segundo salientou, o 70% da carteleira está composta por
compañías da nosa Comunidade. “A importante presenza do sector galego afonda no
espírito de ilusión, dinamismo e amplitude de miras co que o certame foi
concibido en 1973 da man da emblemática Asociación Cultural Abrente”, afirmou. Cómpre
lembrar que a Xunta de Galicia colabora coa celebración deste evento mediante
unha achega anual de 60.000 euros, o que a converte nunha das principais
entidades colaboradoras.
PUBLICIDADE ELECTORAL
Esta nova
edición da MIT de Ribadavia celebrarase seguindo medidas especiais que permitan
garantir a seguridade do público, como, por exemplo, o desenvolvemento ao aire
libre da totalidade das 24 actividades programadas, entre funcións escénicas,
presentacións e obradoiros. A este respecto, o representante da Xunta de
Galicia subliñou que aínda que esta edición sexa diferente “seguirá senda unha magnífica
oportunidade para enxalzar a arte teatral con maiúsculas e para alentar o
encontro entre creadores e público de xeito tan gozoso como seguro”.
Danza e narración oral
Dentro das
propostas galegas, a carteleira deste ano concederalles unha especial atención
á danza e á narración oral. No primeiro dos casos, en Ribadavia poderán verse
as últimas montaxes de Nova Galega de Danza xunto a Rosa Cedrón, Pálido
Domingo, Kirenia Martínez Acosta ou La Macana, ademais de acoller a estadía
artística de Laila Tafur dentro do programa Residencias Paraíso, organizado
polo Colectivo RPM en colaboración coa Agadic. Pola súa banda, Paula
Carballeira, Quico Cadaval, Pedro Brnadariz, Isabel Risco, Celso Sanmartín,
José Luis Gutiérrez Guti ou Fran Rei
darán conta da gran conexión co público que mantén a narración oral galega.
O
recentemente estreado Dreaming Juliet,
de Elefante Elegante, e dous dos espectáculos máis premiados na pasada edición
dos Premios María Casares de Teatro Galego −Liberto
e Fariña− representaranse tamén nesta
36ª edición do encontro, no que Marta Pazos recibirá o Premio de Honra Roberto
Vidal Bolaño. Xunto á súa compañía, Voadora, a directora impartirá ademais un
taller de creación escénica a partir do Othello,
de Shakespeare.
Estreas en Galicia
Entre as
estreas da Mostra Internacional de Ribadavia, destaca a presentación en Galicia
do premiado espectáculo Rebota, rebota y
en tu cara explota, de Agnés Mateus e Quim Tarrida, e da montaxe de Teatro
en Vilo Hoy puede ser mi gran noche,
así como de Melancoholemia,
coprodución da MIT con Antón Reixa, quen estará en escena xunto con Pedro
Brandariz e baixo a dirección de Fernando Bernués, de Tanttaka Teatroa.
Nesta ampla
programación, haberá tamén lugar para unha retrospectiva do director e
dramaturgo Pablo Remón, así como para a peza visual e documental Tierras del Sud, de Azcona&Toloza DA CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade