A organización da Festa da Istoria anunciou a cancelación do evento nesta edición de forma oficial.

A Coordinadora do Festival de Istoria, tras manter unha reunión o 14 de xullo con todos os seus membros e colaboradoradores, decidiu suspender a Festa da Istoria deste ano 2020. O motivo, coma o de numerosas celebracións que se dan cita este verán, é  debido á situación social que estamos a vivir agora mesmo porla COVID-19, para poñer por diante o sentido común e a seguridade de todos os veciños e visitantes. Miguel García, o presidente da organización do evento comentou a disposición de facer algunha actividade simbólica durante esa fin de semana

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa parte, o alcalde , César Fernández, amosou a súa implicación ca realización de calquera actividade que se faga de forma responsable, sabendo que non celebrar a Festa terá un impacto negativo económico.