Bng de Ribadavia: “os orzamentos municipais non poden ser unha arma de oportunismo político”

Os investimentos propostos polo BNG para o anterior proxecto de orzamentos deben ser recollidos agora con partidas económicas concretas.O cadro de traballadores de Concello debe ser gratificado polo seu traballo durante o estado de alarma

O BNG ven de recibir de parte do grupo municipal do PP un resumo do documento de orzamentos municipais para a súa discusión neste pleno municipal a celebrar o vindeiro 30 de xullo.

AVANTAR ACTIVIDADES

No estado actual de goberno en minoría e rexeitamento do pleno municipal aos orzamentos propostos polo PP en xaneiro (coa abstención do BNG), os presupostos non poden ser un elemento de oportunismo político do PP logo das eleccións galegas.

O documento enviado dende o PP, que exerce o goberno en Ribadavia, é un resumo, nel non se desglosan partidas como a de investimentos, polo que non é posible un pronunciamento concreto do BNG de cara ao vindeiro pleno, pero si que resulta rechamante que se sigan a contemplar partidas para actividades que non se celebraron ou están xa canceladas debido á pandemia que atravesamos.

O BNG está disposto a valorar seriamente, outra volta, os orzamentos do noso concello logo de que xa se votaran a principios de ano, pero o PP ha de levar a cabo moitas modificacións para que se trate dun documento útil para Ribadavia.

Nestes momentos precisamos de diversos programas de reactivación económica, polo que esiximos que se poñan en marcha e con partidas concretas os investimentos propostos polo BNG a principios de ano e que se recollían na anterior proposta.

Asemade, dende o BNG consideramos que agora corresponde levar a cabo un recoñecemento ao esforzo levado a cabo polo cadro de persoal do concello e que se lle outorgue ás traballadoras e traballadores do Concello de Ribadavia e da Fundación Asilo Nosa Señora dos Anxos unha gratificación polo seu traballo de salvagarda da saúde pública durante o estado de alarma.