O Bop publica a aprobación definitiva do plan especial de creación de solo industrial de Beariz

Manolo Prado Alcalde de Beariz

O Pleno do Concello de Beariz do pasado 11 de marzo acordou aprobar o plan de creación de solo industrial coas modificacións que informou a secretaria no 2015.

Igualmente, xunto á publicación deste acordo publicarase a normativa e as ordenanzas dese plan para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia e notificarase a todas as persoas titulares dos terreos afectados. O solo industrial contará cunha superficie de mais de 80.000 metros cadrados repartidos en aproximadamente 20 parcelas que disporán dos servizos básicos necesarios para o desenvolvemento da sua actividade económica

AVANTAR ACTIVIDADES