Moción do BNG para a extensión da fibra óptica de internet a todo o concello de Ribadavia

A empresa Telefónica de España, que ten o monopolio da rede de telefonía fixa presentou diante do concello de Ribadavia un “Plan de Despliegue de una red de acceso de nueva

generación mediante fibra óptica en el municipio de Ribadavia”.

AVANTAR ACTIVIDADES

A empresa de telecomunicacións privatizada asegura que “el nuevo tendido de cables de fibra óptica discurrirá en paralelo con la red actual de cobre, no procediendo a realizar nuevos cruces aéreos u obra civil para el tendido de los nuevos cables”, e ademais, Telefónica conta con cuantiosas subvencións públicas concedidas tanto pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) como polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para tender a rede de fibra óptica de alta capacidade, polo que a actuación se prevé moi beneficiosa para a empresa.

Sen embargo, o servizo non vai chegar a todas as vivendas do noso concello. No “plan técnico de despliegue” presentado por Telefónica sinálase a súa previsión de levar fibra óptica a “aproximadamente 1.640 unidades inmobiliarias” do noso concello, cando son aproximadamente 2.500 as existentes. De feito, a propia empresa así o recoñece no propio documento: “El despliegue previsto en el presente Plan podrá ser ampliado posteriormente a otras zonas del municipio no contempladas de inicio, en cuyo caso se solicitará previamente al Ayuntamiento la aprobación de la referida ampliación”.
Polo tanto, non se vai levar internet por fibra óptica a todas as casas, algo que si que se pode facer xa que o cable de fibra vaise montar sobre o tendido telefónico xa existente, que si chega a todas as vivendas. Por elo, dende o grupo municipal do BNG de Ribadavia propomos que o concello lle esixa a esta empresa que conta con subvencións públicas, que despregue xa a fibra óptica en todos os puntos do noso concello.

Por estes motivos propomos ao  Pleno do Concello de Ribadavia a adopción do seguinte  

ACORDO:

1. Esixir a Telefónica de España, que no “Plan de Despliegue de una red de acceso de nueva generación mediante fibra óptica en el municipio de Ribadavia” se inclúa a chegada da internet de alta capacidade a todas as vivendas do noso concello.