O alcalde de Castrelo convoca un pleno extraordinario para ratificar o pacto antitransfuguismo asinado en 1998

O Concello de Castrelo de Miño celebrará hoxe un pleno extraordinario de carácter urxente solicitado polo alcalde, Esteban Suárez. Será ás 20.00 horas e terá como único punto ratificar o pacto antitransfuguismo vixente no Concello dende 1998.

Esta situación está provocada polas últimas novas anunciadas de que dende as formacións do Partido Popular e do Partido Socialista estábase a xestar unha moción de censura para quitar do goberno de Castrelo ó actual alcalde do Bloque Nacionalista Galego, que foi elexido sen ter que chegar a pactos con outras formacións. Despois de que se fixeran públicos estos rumores, ambas formacións, os socialistas e os populares, arroupados polas súas correspondentes entidades provinciais, desmentiron que foran a chegar a un pacto cos principais líderes da súa oposición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademáis, tamén se coñeceu recentemente a decisión de dous dos tres edís de Castrelo de deixar o Partido Socialista. Francisco Pérez y Jaime Fontanes entregaron su acta de renuncia a la militancia del PSOE alegando un “desacuerdo” con el “ataque” de Villarino hacia los autónomos y pymes de la provincia “con la colaboración del subdelegado de Gobierno”, según el documento que trasladaron a la sede del partido en A Ponte. 

A proposta do goberno local é instar ao pleno do concello de Castrelo de Miño a
ratificar o pacto antitransfuguismo onde se vela polo cumplimento do acordo dos
partidos políticos como son PSOE, PP, IU, Convergencia Democrática, Unió
Democrática, Esquerra Republicana, Iniciativa Per Catalunya, PNV, BNG, Coalición
Canaria, Unió Valenciana, Xunta Aragonesista, Partido Aragonés, Partido
Andalucista e Unión do Pobo Navarro, a evitar situacións de transfuguismo nas
corporacións locais. Os partidos nomeados, acordaron o 7 de xullo de 1998 un código de conducta política, manifestando a vontade de eliminar os efectos perversos da práctica do transfuguismo, e adoptando unhas regras de conducta.