O concello de ribadavia rendiu unha homenzaxe a todos os voluntarios locais que traballaron arreo na loita contra o coronavirus. Dende a administración local amosaron o seu sentir con estas palabras: “Nunca nos cansaremos de agradecer o traballo que realizaron nuns momentos tan difíciles para toda a veciñanza, dende confeccionar mascarillas, construir pantallas protectoras en 3D, desinfectar as rúas, repartir material escolar…. GRAZAS, GRAZAS e GRAZAS”.
No acto estiveron presentes os membros da corporación municipal, veciños e os propios héroes desta pandemia, os voluntarios de Protección Civil e outros máis anónimos que colaboraron aportando material e confeccionando máscaras e traxes de protección.