A oposición de Castrelo non aproba a urxencia do pleno anti transfuguismo

Casa do Concello de Castrelo de Miño.

O Pleno Extraordinario convocado polo concello de Castrelo de Miño para a tarde de onte finalizo usen poder levar a cabo a orde do día. O alcalde, Estevan Suárez, convocaba con urxencia esta sesión para reafirmar o pacto de boas conductas e antitransfuguismo asinado a nivel nacional por sete partidos políticos e que se levou a debate no Congreso a semana anterior. A oposición non deixou que se levara adiante negando esa urxencia por parte do Partido Popular e apoiados nesa negativa polos dous concelleiros socialistas que comunicaron fai unos días que deixaban a súa militancia no partido por desacordos co secretarios provincial.

Estevan Suarez, alcalde de Castrelo, mostrou o seu desacordo ca situación que se está a vivir ca corporación, asegurando que neste momento hai temas de máis importancia que se deben tratar asociados ca situación de crise. Tamén quixo aclarar que este pleno non tiña a función de evitar a moción de censura que se fixo público que estaban a fraguar entre o PP e o PSOE, afirmando que están en todo o seu dereito de recurrir a esa medida, pero asegura que deben facerse as cousas de maneira que se rinda conta ós veciños, que son os que tomaron a decisión de quen goberna. Con respecto á situación que se viviu onte no pleno, no que houbo pelexas e insultos, Suarez resalta que non comparte ese xeito de comportarse nunha sesión oficial.

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante a mañá do venres celebrarán unha comisión informativa para celebrar un pleno ordinario o xoves da semana próxima.