Máis de 800 mecenas apoian a reconstrucción do taller de instrumentos Reberete

Roberto Carlos Pérez, Reberete, durante a grabación do programa Acotío, nesta canle.

A noite do 11 ao 12 de xuño, o taller onde Roberto Carlos Pérez Álvarez, coñecido como O Reberete, levaba mais de 10 anos traballando, na parroquia de Vilaseco, en San Cristovo de Cea sufría un terrible incendio e quedaba totalmente estragado.

O Reberete iniciou unha iniciativa de financiación colectiva online para poder reconstruir o seu taller na que calquera persoa pode colaborar encargando ó artesán instrumentos ou comprando “accións” que se están a publicitar na páxina do proxecto “Verkami”. Ata o de agora, xa conta con mais de 800 mecenas que colaboraron con este proxecto e o importe acadado pasa dos 38.000 euros. O Reberete agradece a acollida da súa inciativa, asegurando que non esperaba esta resposta da xente. Iso si, o proxecto do crowfunding remata en 4 días e ten que alcanzar a cifra dos 40.000 euros para poder facelo efectivo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe no espazo de entrevistas Acotío, María Muleiro entrevista a este artesán-luthier, despois do informativo desta canle.