Nota de Prensa da MIT de Ribadavia

Chegada a mitade da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a valoración respecto á ocupación é do 100% , cunha resposta contundente do público nesta incerteza, en sentido de amosar interese e respaldo a este evento que permite e transmite unha seguridade ao público.

Houbo unha boa acollida a todos os espectáculos, ao estreo de Teatro en Vilo, á visibilización dos creadores, con nomes importantes do teatro como a galardoada co Premio de Honra da MIT, Marta Pazos, como Agnés Mateus e Quim Tarrida (Rebota, rebota y en tu  cara explota) , Noemí Rodríguez e Andrea Jiménez (Teatro en Vilo), entre outros.

AVANTAR ACTIVIDADES

O público resalta que a MIT é coma un campamento teatral do verán, con diversidade e experiencias pouco habituais, que so son posibles nun contexto como é Ribadavia.

É unha edición de redescubrimento a nivel turístico, pola expansión e apertura dos espazos de exhibición.

Estos próximos días, antes do fin de semana, teremos a oportunidade de ver a aposta pola creación contemporánea da MIT, con obras coma Tierras del Sud, unha peza de carácter documental con carga poética, que nos fai reflexionar sobre a estreita relación existente entre as grandes fortunas estranxeiras e a barbarie sobre os pobos orixinarios latinoamericanos, co desenvolvemento de novas formas de colonialismo e as diversas expresións da cultura contemporánea.

Lembramos co horario de venta en oficina da MIT é de 10 :00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 20:30 h, e ademáis dispoñemos de venta online en www.ataquilla.com

Para mais información:

Páxina web: www.mitribadavia.gal

Tamén nas redes sociais da MIT:

@MITRibadavia

Facebook // Twitter // Instagram

email: info@mitribadavia.com

direccion@mitribadavia.com