O concello de Leiro acomete as obras de reparación da Ponte das Poldras

Estas obras, reclamadas tamén pola oposición de Leiro, foron necesarias debido aos danos na estructura que sufríu a ponte, situada no paseo fluvial do río Avia, despois do temporal que tivo lugar o pasado mes de decembro

No pleno do pasado mes de xuño aprobouse unha modificación de crédito para acometer a reparación da Ponte.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Con esta obra de reparación de emerxencia consolídase a estrutura da ponte que estaba en risco de derrube. Unha vez comezada a obra comprobouse que os danos sufridos foron maiores do que se agardaba. O investimento inicial destas obras que rematan hoxe, prevese en torno os 15.000€. 

O alcalde de Leiro Francisco José Fernández informounos tamén doutras intervencións no municipio como o soterramento do cableado de iluminación e instalación de farolas no Salgueiral e o asfaltado e renovación de iluminación no barrio dos Carrís.