O Parque Municipal acolle a maioría de actividades do campamento de verán

Os rapaces e monitores aproveitan os espazos ó aire libre para as súas actividades.

Unha vintena de nenos e nenas, entre os 4 e os 12 anos, participan na primeira quenda do campamento de verán do concello, que organiza dun xeito totalmente gratuito a concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Servizo de Normalización Lingüística.

A concelleira que dirixe esta área, Guadalupe Sobrado, realizou esta mañá unha visita ao campamento e participou nalgunhas das actividades.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o pasado 20 de xullo e ata o 7 de agosto, en horario de 09,00 a 14,00 h., os monitores de Máis Escola realizan diversas actividades creativas e xogos, que se desenvolven, con todas as medidas de seguridade e prevención ante o covid 19,  nas instalacións de Bo Día Familia e no Parque Municipal.

O bo tempo que se está a ter neste mes de xullo contribúe a que moitas destas actividades e xogos se poidan realizar ao aire libre no entorno natural do parque municipal do Carballiño.

A segunda quenda deste campamento tera lugar do 10 ao 28 de agosto.