O carballiñés César Lois estrease no 53º Rally de Ourense co equipo Fordzilla

Logo de participar o ano pasado por primeira vez na Subida á Saleta vencendo na súa categoría, e rematar como primeiro piloto carballiñés na clasificación xeral por diante de pilotos con vehículos moito máis potentes, anímase agora a participar no 53 rally de Ourense que se disputará o vindeiro día 24 e 25 de xullo e discurrirá na súa maior parte polas estradas da comarca do Carballiño.
Para esta cita estará acompañado como copiloto por David Banga, fillo do histórico piloto carballiñés José María Banga.
O vehiculo no que disputará a proba é un Ford Fiesta ST propiedade do equipo do Carballiño AGE motorsport.