O concello de Cea continúa ca desinfección dos espazos

Estamos nunha situación de certo incertidume pola situación sanitaria actual. Pedimos a todos responsabilidade e precaución, facer caso das normas sobre o uso de mascariñas e coidar moito a hixiene de mans.
Todo isto vai en beneficio de todos.
Hoxe comezaron de novo traballos de desinfección en puntos de maior afluencia de xente no concello de Cea, que se realizarán periódicamente, como parte do protocolo que establecemos en lugares de maior afluencia, en edificios públicos, instalacións públicas e actividades que se organizan desde o Concello.