O PSOE de Punxín pide melloras en varios puntos do concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As concelleiras socialistas en Punxín veñen de solicitar, mediante a presentación
de dúas mocións, a mellora da “Praza do Souto” en Rubiás, así como a realización dun parque infantil na parroquia de Vilela.
Indican dende o Grupo Municipal socialista que se trata de demandas da veciñanza destes dous lugares, “a parroquia de Vilela é a única do Concello que non dispón dun lugar de esparcemento para os máis cativos, e a praza do Souto de Rubiás atópase totalmente abandonada e carente de iluminación”, indica Peleteiro.

Asimesmo, indican que están a manter contactos coa veciñanza de todas as parroquias, dentro das posibilidades pola situación excepcional que se está a vivir, co fin de traballar nun “Plan de Mellora Integral do Concello”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A voceira socialista, Lorena Peleteiro, sinala que “estamos a facer o traballo que debería estar a facer o Grupo de Goberno, pero ante a súa parálise e desidia, non podemos quedarnos paradas”.