Ribeiro en Común presenta unha Moción para que o Concello de Ribadavia execute a garantía dunha obra que está demostrada como defectuosa e que supón unha grave agravio para os intereses municipais, públicos e dos veciños. Unha obra confinanciada entre o noso Concello e a Deputación.
Así mesmo, Ribeiro en Común reclama que se garanta o uso das instalacións deportivas para o comezo da temporada no Xestal. En dúas semanas hai un campus con nenos e despois comezarán os entrenamentos. As temporadas comezan a principios de setembro polo que parece evidente que o goberno non vai chegar a tempo de mellorar as infraestruturas deportivas de Ribadavia. Non vai chegar por falta de interese e deixadez, xa que o noso grupo levamos meses reclamando a mellora do terreo de xogo.
O noso grupo leva meses facendo esta reclamación, ignorada e desprezada polo goberno local, agora, xa rematando mes de xullo, a garantía continúa sen executarse, e periga o inicio da temporada que ven no Xestal. Ribeiro en Común esixe que o Concello reclame inmediatamente a garantía á empresa adxudicataria para proceder ao arranxo do campo do Xestal e se garanta que o campo está arranxado para setembro. O noso grupo leva meses pedindo que o Concello o reclame a garantía xunto coa Deputación. A día de hoxe nada fixeron para resolver as graves deficiencias que ten a obra do campo do Xestal.
No Pleno de febreiro o noso grupo denunciaba o seu estado calamitoso. A reposta do goberno local foi ignorar a nosa reclamación. No paso pleno, de maio, fixemos o propio así como nos últimos Consellos Municipais de Deportes, onde a alcaldía nos respondeu que o seu estado era bo e que na época de confinamento se procedeu a pasar un rastrillo.
Ribeiro en Común leva desde a entrega da obra por parte da Deputación denunciando o mal estado da obra e que o Concello esixa a garantía.
A súa mala situación xa fora denunciado polo noso grupo, despois de recibir queixas de varios usuarios, pero a situación lonxe de arranxarse foi a peor.
Ribeiro en Común reclamou desde o principio do proceso que houbera supervisión e control da obra por parte do goberno e do Alcalde, pero no lugar de manter preocupación e facer seguimento deixaron que a empresa actuara sen supervisión nin política nin dos técnicos municipais.
Así, O maior erro veu do actual Alcalde, quen asinou unha ACTA DE RECEPCIÓN dunha OBRAS sobre a que estaba advertido dos seus erros, e apesar do cal recepcionou igualmente.
Cando os feitos foron evidentes, ao Alcalde non lle quedou máis remedio que recoñecer na última xuntanza do Consello Municipal de Deportes que existían erros no campo, aínda así continúan sen actuar e sen aplicar a garantía.
Por estes motivos Ribeiro en Común propón ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción do seguinte ACORDO:
- Que o Concello de Ribadavia execute e/ou promova a execución da GARANTÍA/aval da obra no Campo Municipal do Xestal de Ribadavia, obra que manifesta graves erros na súa execución e que foi cofindanciada entre o noso Concello e a Deputación provincial.
- Rexeitan a proposta da empresa por considerala unha falsa solución que vai parchear brevemente, ata o regreso das choivas, unha obra con graves erros estruturais.
- Se as partes implicadas, Concello e Deputación, non aplican a garantía e obrigan á empresa a restituir o dano causado, entón Ribeiro en Común estudará adoptar medidas legais para defender os intereses muncipais.