XUCA propón manter a tradición das camisetas do pulpo pero sen concurso nin aglomeracións

Dende xuventude Unida polo Carballiño (XUCA) pensan que a Festa do Pulpo ten que estar presente neste verán, aínda que o coronavirus sexa o principal protagonista das vidas dos veciños do Carballiño. Por este motivo dende a asociación propoñen que non se olvide a tradición da festa e que se celebre atradición de facer camisetas dende as peñas.

Os motivos que esgrimen dende o grupo son diversos, entre eles que se debe fomentar o comercio local coa creación destas camisetas; que sexa una maneira de ter presente a festa aínda que non se poida celebrar na súa totalidade; ter un recordo dunha edición que parece que quedará marcada na vida dos veciños da vila. Ademáis, recalcan que sería unha forma de darlle vida ó Carballiño, sempre dende a responsabilidade e recordar ós sanitarios, corpos de seguridade e a aqueles que perderon a vida nesta pandemia cunha homenaxe.
Dende a asociación recordan que non queren en ningún momento mobilizar as masas e crear calquer tipo de aglomeración ou ningún tipo de perigo para os veciños e veciñas da vila.
Aseguran que queren deixar claro que esta proposta é unicamente de uso grupal de cada grupo de amigos/as pero nunca estamos a promover a tradicional festa das peñas, en ningún momento.

AVANTAR ACTIVIDADES