Esta nova medida terá carácter obrigatorio para todas as persoas que proveñan ou estiveran nos últimos 14 días en zonas con alta incidencia epidemiolóxica e terá carácter voluntario para as que proveñan dun lugar sen incidencia epidemiolóxica complexa. Ademais, Feijóo precisou que, dependendo do lugar de onde veña a persoa, poderíaselle facer a PCR sen síntomas.
Para proporcionar esta información, poderase cubrir un formulario que estará dispoñible na web do Sergas. A Consellería de Sanidade publicará quincenalmente a listaxe de territorios considerados de alta incidencia.
Nova recomendación: limitar o número de asistentes ata un máximo de 25 persoas nas reunións privadas de persoas non convivintes.