O Centro de Estudos Chamoso Lamas cancela o seu 12º congreso pola Covid-19

A xunta directiva do Centro de Estudios Chamoso Lamas decidiu suspender a celebración do XII Congreso da entidade a causa do covid 19.

As condicións de separación e seguridade que se esixen para a celebración do congreso na sede da entidade en Cabanelas, impiden que se podan cumplir, polo que se toma esta decisión de suspendelo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este congreso, que se celebra con carácter bianual e que debía ter lugar no mes de setembro deste ano 2020, aprázase para o 2021.

Así mesmo, comunícase que a entidade atópase traballando neste intre na edición dun novo número da revista Argentarium, así como das actas do anterior congreso, co obxectivo de que se publiquen e se presenten antes de rematar este ano 2020.