Os nenos de Os Pitufiños renden homenaxe ós heroes da crise sanitaria

Os nenos do campamento de idiomas Os Pitufiños de O Carballiño celebraron una xornada de homenaxe ós heroes da Covid-19 que coidaron da poboación durante o confinamento. No acto contaron con representantes do sector sanitario como o técnico sanitario, Manuel López; o pediatra Martín Nogueira, as enfermeiras Érika Paz e María Dolores González, Lito González da Garda Civil, os policías locais José Manuel e José Antonio e unha representante do sector dos traballadores dos supermercados, Vanessa González.

Todos eles compartiron as súas experiencias cos pequenos e sometéronse ás súas curiosas preguntas, véndose sorprendidos pola concienciación e o coñecemento dos protocolos de seguridade que tiñan os rapaces para previr o coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES

A directora do campamento, María Jesús Martínez Domínguez, mostrou o seu agradecemento ós heroes da Covid por dedicar parte do seu tempo a calmar a curisidade e preocupación dos Pitufiños, que ademáis recibiron o regalo de mascarillas por parte do doctor Nogueira e de coñecer por dentro os pormenores dun vehículo da policía local.