Hoxe remata o prazo para solicitar a explotación do Muiño das Lousas

Instalacións do Muiño das Lousas, o pe do río Arenteiro.
IES CHAMOSO LAMAS

Os pliegos do procedemento atópanse publicados na Plataforma de Contratación do Sector Puúblico. Ditos pliegos foron publicado o 3 de xullo e o prazo para a presentación das ofertas remata o 29 de xullo. O Muíño das Lousas dispón de 92 prazas, 42 no comedor, 32 na terraza e 20 no bar.

Esta instalación hostaleira, que forma parte do conxunto do Parque Etnográfico do Arenteiro, leva varios anos sen funcionar e a súa posta en marcha suporá un aliciente máis para este conxunto de gran interese turístico e etnográfico do Carballiño.

HIPER MASIDE

A licitación partirá dun canon anual de 404,88 euros pola explotación esta instalación.

Os aspirantes deberán facerse cargo do acondicionamento do tellado así como da reforma e equipamento do interior. O arranxo do tellado está presupuestado en 13.809 euros.

O Muíño das Lousas dispón de 92 prazas, 42 no comedor, 32 na terraza e 20 no bar.

Entre as condicións fixadas polo concello figura que o adxudicatario terá que mantelo aberto ao menos durante os tres meses do verán, e na valoración á hora de elexir propostas, a oferta económica (polo sistema de puxa sobre o canon mínimo anual) suporá o 75% da puntuación, mentres que o tempo de apertura ao público suporá o 25% restante.