O “Ourenrock Sound” esgota as entradas en 20 minutos

O auditorio do castelo de Ribadavia acollerá o vindeiro 23 de agosto a quinta edición do festival “OurenRock Sound”. Hoxe soubose que as 400 entradas de aforo dispoñibles esgotáronse ós 20 minutos de poñerse á venda na xornada de onte.

O presidente do goberno provincial destacou o apoio que vén dando a Deputación de Ourense “a este referente musical dos festivais galegos, que nesta edición tan especial, por mor da pandemia, se celebrará en Ribadavia con todas as medidas hixiénico-sanitarias e cun cartel de artistas excelente: Xoel López, Sés, e Os amigos dos músicos, que farán deste 23 de agosto unha cita inesquecible, que, ademais ten un importante compoñente social debido a que a recadación irá destinada integramente a Cruz Vermella Ourense”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Baltar salientou o traballo de Rubén Álvarez e agradeceu ao alcalde de Ribadavia “a dispoñibilidade para acoller o festival”, remarcando  que a Deputación seguirá apoiando a cultura, “un sector que nunca debe quedar atrás, e que nos propuxemos nun momento como este seguir apoiando; esa é a liña dun goberno provincial como o noso, que escrebe sempre “Cultura” con maiúsculas”, expresou Baltar.