Patricia, Lito e outros alcaldes do PP esixen a Abanca o mantemento dun servizo digno no rural ourensán

dav

Diante da drástica reducción de días de apertura das oficinas, horarios e mesmo o peche das sucursais

Os representantes municipais sinalaron que Abanca ven facendo gala do seu compromiso social co rural, “pero o certo é que establece unha inaceptable discriminación cos clientes das ciudades, afectando a todos os habitantes e empresas do rural”

AVANTAR ACTIVIDADES

Alcaldes, alcaldesas e portavoces do Partido Popular de Ourense expresaron hoxe o seu malestar pola reestruturación dos servizos de atención ao cliente que a entidade financeira Abanca está a realizar nos concellos do rural ourensán, o que está a supoñer unha drástica reducción de días de apertura das oficinas, horarios e mesmo o peche das sucursais.

Nunha reunión mantida esta tarde na sede provincial popular, unha representación dos alcaldes, alcaldesas e portavoces dos concellos afectados por toda a provincia esixiron a Abanca o mantemento dun servizo digno de atención, “logo de que no seu día a veciñanza confiou os seus cartos a esta entidade e agora vense defraudados, abandoados, sen servizo, facendo longas ringleiras para que lles atendan, desprazándose a outras localidade e cinguíndose aos horarios e xornadas impostas de xeito unilateral polo banco”.

Abanca, coincidiron en sinalar os representantes municipais, ven facendo gala do seu compromiso social co rural, “pero o certo é que establece unha inaceptable discriminación cos clientes das ciudades, afectando a todos os habitantes e empresas do rural”.

Os asistentes á reunión, que recolleron o sentir dos seus compañeiros e compañeiras en toda a provincia e da veciñanza, lembraron que a entidade financeira “como moitos outros servizos, adoptou unha serie de medidas de reestruturación como consecuencia da pandemia, pero agora non podemos aceptar que manteñan os recortes e mesmo a supresión da atención aos clientes amparándose na situación derivada do Covid-19”.