Celebrarase os días 16 e 17 de setembro de 2020 en formato híbrido podendo seguirse de forma presencial desde Ourense ou ben virtual desde calquera parte do Mundo
O comité asesor da feira internacional reuniuse esta mañá para perfilar os bloques temático que abordará este evento e que inclúe unha sesión na que se analizará como afectou a pandemia da COVID-19 ao sector do turismo de saúde a nivel mundial
Despois da cancelación de Termatalia 2020 provocada pola situación de pandemia mundial, a Feira Internacional de Turismo de Saúde, Termal e Benestar organiza o 1º Congreso Internacional sobre Auga e Saúde para reunir de novo á comunidade termal e para seguir posicionándose como un dos maiores puntos de encontro profesional e un dos máis importantes foros internacionais de coñecemento e formación especializada nestes sectores.
Esta mañá reuníase de forma virtual o comité asesor de Termatalia no que participaron unha vintena de expertos en turismo de saúde e da industria termal de España e Portugal e que un ano máis está presidido por Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense e da Asociación Europea de Cidades Históricas con Patrimonio Termal (E. H. T. T.A.). A finalidade deste encontro foi definir os eixos estratéxicos e os contidos do devandito congreso, co fin de presentar un evento multidisciplinar que aborde o futuro do sector desde a conxuntura actual.
Este 1º Congreso celebrarase os días 16 e 17 de setembro de 2020, datas nas que adoita celebrarse cada ano Termatalia, e será organizado en formato híbrido, é dicir, poderá seguirse de forma presencial acudindo ás instalacións de Expourense, situado na capital termal de Ourense, ou seguirse en liña a través dunha plataforma virtual. Os relatores deste congreso, que serán recoñecidos profesionais internacionais, participarán tamén de forma mixta.
Ademais do presidente do comité asesor e da directora de Termatalia, Emma González, primeira reunión organizativa do Congreso a concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Flora Moure; a subdirectora da Axencia de Turismo de Galicia, Laura González; o secretario xeral da Asociación Española de Balnearios, Luís Miguel López; el presidente de la Sociedad Española de Hidrología Médica, Francisco Maraver; el presidente de la Asociación Española de Wellness Spa, Alfredo Sainz; el gerente de Balnearios de Galicia, Benigno Amor; el director del Área de Benestar de la Diputación de Ourense, José Juan Cerdeira; el vocal del Clúster de Turismo de Galicia, Ovidio Fernández; la presidenta de la Sociedad Gallega de Talasoterapia, Lourdes Mourelle; la vicerrectora del Campus de Ourense – Universidad de Vigo, Esther de Blas; el director de la Cátedra de Hidrología Médica de la Universidad de Santiago de Compostela, Juan Gestal; la profesora de la Facultad de Ciencias Empresariales del Campus de Ourense, Elisa Alén; la técnico de Turismo Porto e Norte, Cristina Mendes; el vicepresidente de la Cámara Municipal de Chaves, Francisco Chaves de Melo; la investigadora y Dra. en Ciencias Químicas y Farmacia, Marita Souto; el comercial de Caldaria, Vincent Boyer; el miembro de la Asociación Iberoamericana de Termalismo y Bienestar, Antonio Freire, y el director del Master de Turismo de Salud de la Universidade de Vigo, José Antonio Fraiz.
Programa
O programa científico deste congreso tratará o turismo de saúde desde unha perspectiva multidisciplinar. Tal e como indicou o presidente do comité, Manuel Baltar, “o termalismo ten que ter un protagonismo especial na etapa post COVID-19”. Por este motivo, unha das sesións prestará especial atención á situación vivida polo sector en relación á pandemia. Contará con conferencias nas que se expoñerán casos reais e experiencias que versarán sobre os protocolos de seguridade que se están aplicando no sector e mesas de debate centradas na reactivación do sector, en como afrontar o futuro cunha menor incerteza e como reducir o impacto económico.
Tal como puxo de manifesto a Asociación Europea de Estacións Termais, ESPA, ao comezo da pandemia por coronavirus: “esta situación é o momento adecuado para recoñecer á Balneología e a importancia que ten a prevención para preparar o sistema inmunitario como parte dun estilo de vida saudable. A situación actual ha obrigado á comunidade médica a reinventarse e a sentar as bases para aplicar novos principios na era COVID “. Isto é unha vantaxe para os países que contan con amplos recursos naturais como as augas termais, que co adecuado proceso de capacitación, certificación e lexislación poden representar unha oportunidade para o desenvolvemento de novos destinos de saúde ou posta en valor dos xa existentes.
A participación neste Congreso será de forma gratuíta mediante invitación de Termatalia ou das entidades colaboradoras coa feira. O formulario de inscrición e o programa de conferencias estará dispoñible nas próximas semanas.
Estrutura do Congreso:
Xornada dedicada ao Turismo de Saúde en tempos de COVID
Sesión Científica sobre Hidrología Médica, Hidroxeoloxía, Auga Envasada e Saúde
Xornada de Turismo, Innovación e Sustentabilidade
Experiencias de Cidades Termais