O alumnado contará cun plan reforzado para recuperar o aprendizaxe perdido este curso

Estos plans elaboraranse a partir dos informes individualizados deste curso que rematou e intentarse garantir a continuidade do proceso de ensinanza e aprendizaxe. As programacións didácticas deberán recoller as competencias non adquiridas no curso que se viu afectado pola pandemia.

Cada centro deberá tamén desenvolver un Programa de acollida, co fin de facilitar a incorporación do alumnado afectado pola suspensión da actividade lectiva presencial. Un programa que consistirá na organización de actividades globalizadas para informar a alumnos e familias da adaptación ó novo curso.

AVANTAR ACTIVIDADES

Co obxectivo de que o alumnado supere a ESO con éxito, poderán organizarse agrupamentos específicos no 4º curso, ós que poderán acceder os que teñan dificultades de aprendizaxe.

A Consellería de educación asegura que dotará ós centros de profesorado de apoio e reforzó que poderán colaborar na posta en marcha destas medidas. Para esto reforzarán o persoal dos centros con 543 docentes de apoio (221 para Primaria e 322 para a ESO

Na Formación Profesional, haberá integración nos módulos de 2º curso dos resultados de aprendizaxe non adquiridos no 1º curso co fin de favorecer a adquisición da competencia xeral do título.