Miguel Bautista Carballo novo senador polo PSDEG-PSOE

MIGUEL BAUTISTA CARBALLO ASUME O CARGO DE SENADOR POLO PSDEG-PSOE DE OURENSE TRAS PRESENTAR NA CÁMARA ALTA A ACTA NOTARIAL NA QUE PROMETE “ACATAR A CONSTITUCIÓN”

Miguel Bautista Carballo, que concorreu en calidade de suplente ás Eleccións Xerais do 10 de novembro de 2019 na lista que o PSOE presentou en Ourense ao Senado, adquiriu esta semana a condición plena de senador mediante a presentación no Rexistro da Cámara Alta da acta notarial na que “promete solemnemente acatar a Constitución”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O novo senador chega á Cámara Alta en substitución de Juan Carlos Francisco

Rivera, que renunciou á súa condición de senador recentemente, tras resultar electo como deputado por Ourense no Parlamento de Galicia, nas eleccións celebradas o pasado 12 de xullo.

Miguel Bautista Carballo naceu en Petín (Ourense), o 20 de xullo de 1958. Administrativo. Estivo ligado ao Concello de Petín desde o ano 1999, tempo no que foi Alcalde durante 20 anos ininterrompidamente, até as eleccións municipais de 2019, nas que deixou o cargo e non se presentou a reelección.

Entre 2011 e 2019 foi Deputado Provincial da Deputación de Ourense. De 2011 a 2015, Vogal da Comisión da FEMP Sociedade da Información e novas Tecnoloxías, e de 2015 a 2019, Vicepresidente da Comisión da Sociedade da Información e Novas Tecnoloxías. Actualmente, é Secretario de Emigración CENG PsdeG-PSOE.