Iniciase o expediente para nomear Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense ao insigne cineasta don José Luís Cuerda Martínez

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Proposta de Resolución da Deputación Provincial

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ratificación da decisión de iniciar expediente para o outorgamento, a título póstumo, da distinción honorífica de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense ao insigne cineasta don José Luís Cuerda Martínez

Unha vez vista a recoñecida traxectoria de don José Luís Cuerda Martínez, nado en Albacete en 1947 e falecido recentemente en Madrid, cunha dilatada traxectoria como director, guionista e produtor de cine que o levou a acadar catro premios Goya, a Medalla de Ouro de las Bellas Artes ou a Gran Cruz da Orden Civil de Alfonso X; tendo en conta a solicitude formulada polos deputados provinciais don Rafael Rodríguez Villarino, don José Ignacio Gómez Pérez e dona Susana Rodríguez Estévez, esta Presidencia, mediante providencia do 18 de xuño de 2020, considerou oportuno iniciar o expediente para o outorgamento, a titulo póstumo, da distinción honorífica de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense de don José Luís Cuerda Martínez

De conformidade co artigo 10 do Regulamento de Honores e Distincións da Deputación Provincial de Ourense, o órgano competente para ordenar a instrución do expediente será a Presidencia. Sen prexuízo disto, considerase oportuno solicitar o parecer do Pleno da Corporación en canto a ratificar a decisión de iniciar a instrución do expediente.

Polo exposto, e unha vez concluída a tramitación do expediente, proponse que, tralo ditame previo da comisión informativa competente, por parte do Pleno se adopte o seguinte acordo:

1º.- Ratificar a incoación do expediente para o outorgamento, a título póstumo, da distinción honorífica de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense ao insigne cineasta don José Luís Cuerda Martínez

2º.- Designar á deputada provincial dona Ana Patricia Torres Madureira como instrutora do expediente, conforme co que dispón o capítulo III do Regulamento de Honores e Distincións da Deputación de Ourense. A deputada instrutora actuará asistida polo asesor de presidencia don Aurelio Gómez Villar, que actuará como secretario do expediente