Nota de prensa de CxG sobre as graves continxencias do pleno celebrado en Punxín

CxG fai público que convocará en breve un Pleno Extraordinario, sen prexuízo de outras accións administrativas por a dexación de funcións do Goberno Municipal de Punxín ( PP-Cs).

Como Concelleiro de CxG en Punxín teño a obriga de denunciar publicamente as practicas antitéticas e nada democráticas que veñen realizando os membros do Equipo de Goberno ( PP-Cs) de Punxín, con desprezo as normas que regulan o normal funcionamento dun pleno no ámbito municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

No día de onte batéronse tódolos rexistros, seguramente debido a que non había cámaras que os gravasen, como en outras ocasións, e camparon as súas anchas co asentimento da propia secretaria municipal a que houbo que chamar a atención por incumprimento manifesto das súas funcións de asesoramento imparcial no Pleno.

Para colmo do desprezo aos cidadáns o propio sistema democrático que fixo foran elixidos, chegado o torno de rogos e preguntas fago a seguinte:

1.Señor Alcalde, leva máis de un ano no cargo e sen traer nin unha proposta de goberno o Pleno, ten previsto traer algunha no tempo que resta de mandato?  Resposta: ningunha.

2. Por a súa resposta, pensa vostede que os plenos serven para algo?

Resposta do Alcalde: para nada

Por suposto, que advertín a Secretaria que faga constar en Acta, que utilizarei para denunciar o Equipo de Goberno de Punxín por dexación de funcións públicas  no vindeiro pleno, sin perxuizo de outras accións administrativas.