O C.D. Arenteiro ficha a Fran Justo coma novo adestrador e recupera ó xogador Rubén Arce

O club confirma o acordo, que xa está cerrado por ambas partes, polo que Fran Justo (Ourense, 1989) convértese en novo adestrador do noso equipo de terceira división.

Desta maneira, CD Arenteiro fáise cos servizos dun dos técnicos xóvenes con mellor proxección do fútbol galego da actualidade. Chega a Espiñedo avaliado polo seu gran traballo no Ourense CF, equipo ao que ascendeu de Preferente a Terceira división, e no que protagonizou as últimas tres magníficas tempadas, un traballo que culminaba esta última clasificando ao equipo para a final da promoción de ascenso a Segunda-B.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con él, tamén se incorporan ao corpo técnico de CD Arenteiro, Alex Vázquez e Millán Fernández como adestradores, Nico López como preparador físico.

Este lúns dia 3 de Agosto, tras asinar o contrato co que se vinculan a CD Arenteiro, terá lugar o acto de presentación oficial no Estadio de Espiñedo ás 20:30 horas.

E ademáis, a afección do Club Deportivo Arenteiro está de enhoraboa, xa que regresa ó Espiñedo un dos fútbolístas máis carismativos da historia recente do club, Rubén Arce Lorenzo (Ourense, 7 de febreiro de 1991) está de volta, regresa a CD Arenteiro.

Rubén Arce foi un dos piares básicos no ascenso de CD Arenteiro á terceira división logrado na tempada 2016-2017, e tamén un dos artífices de lograr a permanencia na tempada 2017-2018, cando ademáis foi elexido como o mellor xogador de terceira división polo programa da Radio Galega “Galicia en goles”.

Agora, dous anos despóis súmase ao novo proxecto de Club Deportivo Arenteiro para a tempada 2020-2021. Rubén Arce asina o seu compromiso por dous anos.