“Potiexpo”, de O’Potiños, están expostas en distintos puntos da vila

Vintecatro fotografías da colección Potiexpo 2019, que organiza a Asociación Fotográfica O´Potiños, poden verse este mes de agosto no concello do Carballiño.

A entidade cultural carballiñesa tamén mantén expostas na rúa do Paseo as imaxes realizadas na última convocatoria da iniciativa Pon a túa foto na rúa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademáis, están activas outras dez exposicións por toda a vila: no café Peñasco, Pasos de cebra; no Hotel Arenteiro, Raigame 1; no café Plaza, Raigame 2; no Asador Veracruz, Concurso Viña do Campo 2019; no Casino do Carballiño, Expo 2019; no Pazo da Almuzara, Luisa Lorenzo e os seus recordos; no Doctor Café, Expo 2018; nas Galerías Ango, Fotos homenaxe a Mari Izquierdo; no Concello de Maside, Tete Estate, e no Concello de Celanova, Fronteiras.