Ribadavia amplía a dotación para as axudas de emerxencia social

O Pleno do concello do pasado 29 de xullo aprobou provisionalmente a modificación da ordenanza fiscal que regula axuda económica municipal para a atención de necesidades de emerxencia social relacionadas coa vivenda, entre outras ordenanzas que se enmarcan dentro do apartado de emerxencia social. Esta ordenanza xa existía con anterioridade, pero grazas á modificación de crédito realizada a raíz da situación de crise sanitaria, ampliouse a dotación económica para todo este sector de axudas, que comprende dende o apoio ó pago de alquiler, a compra de alimentos ou o meterial escolar.  

Deste xeito, o alcalde de Ribadavia, César Fernández, asegura que se pretende flexibilizar as condicións de acceso a estas axudas facilitando que máis familias se poidan beneficiar delas na situación que estamos a vivir.

AVANTAR ACTIVIDADES