Ribadavia presenta a normativa para a contratación de persoal temporal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Pleno do Concello do pasado 29 de xullo aprobou provisionalmente a modificación do regulamento do uso das instalacións deportivas municipais. Este novo regulamento exponse ao público nas oficinas municipais durante 30 días hábiles.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O BOP de Ourense publica tamén hoxe a normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de postos de traballo no Concello de Ribadavia. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais contados a partir de mañá. Poderanse presentar as solicitudes no rexistro xeral do Concello de Ribadavia.

As bases que regulan a participación nesta convocatoria poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da casa do concello, en horario de oficina.

Os solicitantes deben reunilos seguintes requisitos:

a) Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Ter cumprimentos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación.

c) Estar en posesión do titulo correspondente dacordo co anexo primeiro, ou en condicions de obtelo na data de finalizacion do prazo de admisión de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.