Avión controla o brote de coronavirus con tres positivos e Galicia suma 32 casos

No concello de Avión mantéñense os 3 casos activos de coronavirus confirmados polas autoridades sanitarias. O primeiro destes tres casos é o dunha muller de 77 anos, residente no concello de Avión e que acudiu ao seu médico de cabeceira por síntomas compatibles. Nese intre púxose en marcha o protocolo de seguemento dos seus contactos estreitos e o seu illamento no seu domicilio.

O seguimento dos contactos realizado pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras en relación este caso unha vez realizados os rastrexos e estudos correspondentes, neste momento contabiliza outros dous novos casos positivos en dúas mulleres do mesmo concello de 74 e 70 anos de idade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Foron realizadas outras 21 mostras diagnósticas de PCRs aos contactos máis estreitos arroxando todas elas un resultado negativoe xa se lles recomendou corentena de 14 días, nos que permanecerán monitorizados por Sanidade. Durante a xornada de hoxe continuouse co rastrexo e todas as probas realizadas deron como resultado negativo.

Este brote surxiu a raíz dunha comida familiar en Avión. A primeira destas veciñas que deu positivo acudira ó centro médico con síntomas e estaba á espera de saber os resultados da proba. O cátering dunha empresa de Pontevedra, Mochi, que acudiu a dar servizo a esa comida tivo que poñer en cuarentena de 14 días ós seis camareiros, entre eles os donosque acudiron durante esa xornada unha vez se soubo deste primeiro caso positivo. Ademáis, unha peluquería de Ribadavia á que acudiron as tres mulleres tievo que permanecer pechada en canto se soubo a noticia.

OURENSE

Na provincia de Ourense hai 34 casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Deles, ningún están na UCI, 4 están ingresados e 30 en seguemento domiciliario.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.064, con 1.898 curados a día de hoxe e 132 falecementos. Ata o de agora realizáronse 36.722 PCRs.

GALICIA

A Dirección Xeral de Salúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é 444, de eles 177 son da área de A Coruña, 72 da de de Lugo, 34 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 78 da área de Vigo, 35 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 21 en unidades de hospitalización e 421 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.381 personas curadas, rexistrándose 619 fallecimientos.