Resólvese a problemática co pago das pancartas en defensa do transporte

Onte pola mañá os membros da Plataforma pola Defensa polo Transporte Público do Carballiño emitían un comunicado en redes sociais dicían sentirse decepcionados coa actitude do alcalde do Concello do Carballiño, Francisco Fumega, ao negarse a axudar económicamente para o pago das parcartas encargadas, unha axuda á que se comprometeran.

Aseguran que hai uns meses comprometeuse con membros deste colectivo a sufragar os gastos da confección de catro pancartas reivindicativas para colocar en diferentes puntos da vila por un importe de 380 €.

AVANTAR ACTIVIDADES

Queixabanse de que unha vez feitas as pancartas e colocadas xa algunhas delas, o alcalde renegase de dito compromiso e se négase a facerse cargo do gasto.

Unas horas despois, pola tarde a Plataforma volveu a emitir outro comunicado no que informaban de que finalmente o concello do Carballiño faríase cargo das catro pancartas pola defensa do transporte público.

Unha delas foi colocada no concello, e faltan outras na estación de tren e de bus pendentes de permiso para colócalas