A CARBALLIÑESA MARISOL NOVOA CUMPLE UN ANO O FRENTE DA CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL
O protagonismo e valor da muller na empresa, e a necesaria unidade de todo o colectivo para actuar con máis forza, son dúas das doutrinas que defende e aplica no seu traballo diario, ademais da aposta por Ourense, os seus recursos e potencialidades.
VIDEO
Neste primeiro ano de mandato, a presidenta da CEO destaca ‘tanto o valiosísimo traballo diario da CEO á beira das empresas ourensás e as accións puntuais e máis mediáticas como a xuntanza con empresarios doutros países para mostrar as excelencias da provincia.
A presidenta da CEO reivindica seguir apostando e defendendo outras liñas de actuación como o ámbito rural, a posta en valor do made in Ourense, infraestruturas do século XXI, implantación de industria, o comercio local, a dixitalización das empresas, un turismo de calidade, e, en definitiva, todas as accións que conduzan a un Ourense con futuro onde se cumpran os soños e proxectos de todos e todas as súas habitantes.