Manuel Baltar únese á celebración da Feira virtual do Viño de Monterrei

O presidente da Deputación de Ourense, quen entrou a formar parte da Cofradía dos Viños de Monterrei o ano pasado, participou a través dun vídeo na celebración virtual deste evento vitivinícola para brindar “pola Demonación de Orixe, polos produtores, polas adegas, polo Consello Regulador e polos consumidores”

VIDEO CO BRINDIS DE MANUEL BALTAR

AVANTAR ACTIVIDADES

O Consello Regulador de Monterrei decidiu este ano, debido á crise sanitaria provocada polo Covid-19, trasladar a súa tradicional Feira do Viño ao mundo virtual a través dunha campaña en redes sociais con diferentes iniciativas que poñan o foco nesta importante celebración vitivinícola. Por elo, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quixo estar ao carón dos viticultores e bodegueiros da Denominación de Orixe de Monterrei celebrando con eles e cos seus consumidores “esta importante cita para a comarca de Monterrei e para a nosa provincia que este ano, debido á situación actual, se traslada ás redes sociais converténdoas no escaparate dun dos produtos estrela da nosa provincia: o viño de Monterrei”, destacou Baltar.

O presidente do goberno provincial uniuse a esta celebración virtual a través dun vídeo no que lembra que hai un ano tivo a honra de entrar a formar parte da Cofradía dos Viños de Monterrei e “neste 2020 non pode celebrarse a Feira, pero desde aquí brindo pola Denominación de Orixe, polos produtores, polas adegas, polo Consello Regulador e polos consumidores”, e rematou dicindo: “Viva o viño de Monterrei!”.

Manuel Baltar salientou que o sector vitivinícola é “un dos sectores fundamentais da economía da nosa provincia que conta con catro denominacións de orixe vitivinícola, sendo a de Monterrei un importante motor económico de revitalización da súa comarca desde que en 1994 se creara esta distinción de calidade para os seus viños”.