Sés actuará este sábado na Insua dos Poetas

A artista coruñesa ofrecerá un concerto este sábado día 15 nas instalacións da Insua dos Poetas, na Esgueva, Madarnás. O evento será ás 20,30 h., de balde ata completar o aforo, gracias ao patrocinio da consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Trátase dun evento organizado pola Fundación Insua dos Poetas, que conta ademais coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do concello do Carballiño, e que se celebrará con todas as medidas de separación e seguridade ante o coronavirus, polo que é obrigatorio acudir con mascarilla e lavar as mans con xel hidroalcólico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sés é o fenómeno musical dos últimos anos da escea galega. A chegada desta cantora coruñesa supuxo unha auténtica revolución que se plasma tamén en cifras, 7 discos en 9 anos, miles de copias vendidas, chegando a ter dous discos entre os máis vendidos do Estado.

Un puñado de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista-compositora que canaliza toda a enerxía do escenario: María Xosé Silvar, autora de todas as cancións (letra e música), lidera Sés cun torrente de voz imposible, espontáneo e cheo de eclecticismo.

Neste concerto acústico, Sés estará acompañada polo guitarrista Tito Calviño.