O campamento Avia Verán amosa as actividades dos seus rapaces

A través das redes sociais, a organización deste campamento de conciliación durante a época estival, difunde un vídeo no que se mostran as actividades realizadas polos máis pequenos no día a día. As dúas entidades que conforman esta actividade son o centro Bolboretas e Estudo Arte. Queren amosar que aínda que está sendo un verán diferente, tamén para os máis pequenos, poden disfrutar de actividades sempre mantendo unhas medidas de seguridade que garantan a protección dos máis pequenos. No vídeo pódense ver xogos, manualidades e actividades de ocio preparadas para vivir cada xornada de xeito diferente.