Xesús Carballido e A Lira de Ribadavia reciben o premio Alecrin da FEGALCAT

Esta semana a FEGALCAT, a Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña entregou os premios Alecríns 2020 no concello de Castro Caldelas. Neste acto colaborou tamén o propio concello anfitrión, a Xunta de Galicia, o concello de Barcelona, a Deputación de Barcelona, e Obra Social da Caixa.

Entre os dezaseis galardoados inclúese o premio Alecrín á Memoria Musical, entregado á Banda A Lira de Ribadavia por ser a decana de Galicia, a mais antiga, que neste ano 2020 cumpre 180 anos de existencia. E ademais gañadora de múltiples premios ao longo da súa traxectoria e representante da historia musical de Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

E ademáis, o premio Alecrín no eido da Arte ao artista carballiñés Xesús Carballido pola súa traxectoria vital como creador dunha arte absolutamente peculiar e inconfundible. Engade o xurado que a súas creacións parten de evocacións de obxectos, gravados dun pasado entre remoto e próximo, con recreación de estampas, deseños, postais e “collages” de arte Pop, coma se todo estivera envellecido polo paso do tempo.