A policía e os veciños opinan da prohibición de fumar na rúa e nas terrazas

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que dende onte xoves estará prohibido fumar na rúa ou en espazos públicos coma terrazas se non se pode garantir a distancia de seguridade. A medida foi recomendada polo comité
clínico de expertos en prevención da Covid-19 nunha reunión celebrada onte, considerando que o fume do tabaco supón un alto risco para a difusión do coronavirus.

O xefe da policía local do Carballiño, Francisco Valeiras, asegura que o primeiro paso é informar á cidadanía desta medida e garantir o seu cumprimento. Para elo asegura que se intentará reforzar a vixilancia mediante patrullas na rúa, unha medida para a que asegura que lle gustaría poder contar con máis persoal á súa disposición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, estivemos hoxe nas terrazas da vila preguntando pola aplicación desta nova medida. As respostas son variadas, aínda que a maioría coincide en que será beneficioso se facilita que se eviten as aglomeracións nas terrazas dos bares.